sábado, 4 de julio de 2015

AS ORIXES DE MANUEL MARÍA





















Un volta sempre ás súas orixes,
Aos lugares nos que está enraizado,
Ao seguro torrón da propia tribo,
Ás sabidas conversas familiares,
Aos vellos camiños sen sorpresas,
A escoitar a música do río que
Cruzou lentamente a nosa infancia,
A sentir o son amigo das campanas
Orballando soidades e lembranzas.
E a alta marabilla de poder falar,
Do xeito máis fondo e máis total,
Coa luz que un amou, resucitada.


 O poema é de A lus resucitada de Manuel María
e a Casa Vermella é de Malevich

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada