sábado, 21 de julio de 2012

ESPAZO AÉREO

























No país das correntes cálidas
hai miles de flores brancas
pensamentos recorrentes
metas incorruptibles

Hai un tempo elástico
que nos une
nas fronteiras de luz

Nas semanas de sorrisos
hai máquinas de velenos
salas de fame e sede
anúncianse no espazo aéreo


A ilustración é de Marion Fayolle

domingo, 15 de julio de 2012

SONÁMBULA








Combino
números máxicos
camiño
sobre un vento
de cadeas
que medran no ceo




A ilustración é de Pat Perry

sábado, 7 de julio de 2012

LITTLE BIRD





















If I try a túa mirada non entende onde agocho o coitelo das mañás
nas tardes... If I cry un pequeno paxaro rubio escoita o meu canto
e non cruza nin se enleva nin salta     só me saúda
para desenterrar unha caixa de lágrimas este inverno


A imaxe é de Klimt