miércoles, 19 de diciembre de 2012

PENSAMENTO BREVE II


Despois da capacidade de discernir, os diamantes e as perlas son o máis raro que existe no mundo.


O aforismo de Jean de La Bruyére recollido en Casi Nada, un microespazo radiofónico dedicado ao pensamento breve para o Estado Mental Radio. A imaxe é de Daniele Buetti. 

viernes, 14 de diciembre de 2012

PENSAMENTO BREVE I


Miradas novas a través dos vellos buracos


O aforismo de Lichtenberg recollido en Casi Nada, un microespazo radiofónico de José Luís Gallero dedicado ao pensamento breve para ó Estado Mental Radio. A imaxe de Piero Fornasetti.


lunes, 3 de diciembre de 2012

BERNAT



DEJAD a las flores crecer. Cultivadlas. ¿No os parece
que mientras crecen, lo hacen hacia una flor que, tácita, está ahí?

De En la tierra de Bernat e Flores de Emil Nolde

sábado, 10 de noviembre de 2012

domingo, 28 de octubre de 2012

LINDE E CRISTAL ESCURO



LINDE é un espazo simbólico no que a palabra procura unha última fronteira.

Sobre os poemas de CRISTAL ESCURO, libro de poemas editado por Libros da Frouma, creouse esta instalación que materializa a poesía fóra do papel.
Na peza colaboraron Mónica de Nut no espazo sonoro, Jesús Andrés Tejada cos visuais e Patricia Blanco e Mónica Maneiro na montaxe.

CRISTAL ESCURO é unha viaxe por territorios imaxinarios; tamén unha meditación sobre o tempo, e sobre eses espazos interiores que percorremos ata achar unha fronteira que nos sostén e sobre a que edificamos a viaxe.


Quería presentar o libro cunha peza que abrise eses territorios e permitise albiscar a fronteira. Quería trasladar ese “tempo elástico” fóra do libro, e así, arredor desa idea, creouse LINDE.
Un libro ou unha peza sempre son un traballo conxunto. Toda creación é un proceso colectivo.
Agardo que descubrades algunhas das sorpresas inesperadas que atopei nesa viaxe luminosa que é CRISTAL ESCURO.


Última fronteira
A luz que
nos une
e separa


CRISTAL ESCURO e LINDE presentáronse o 18/10/2012 na Galería SCQ en Santiago de Compostela. As fotos son de Mónica de Nut.

domingo, 30 de septiembre de 2012

BOMBILLA


Alrededor de la luz fría de las bombillas
el bullicio infatigable de las alas agitadas

             Y el señor Edison
levantando los ojos del libro que leía
             sonreía.
¡A qué cantidad de mariposas nocturnas
             salvó la vida!


O poema é de Jaroslav Seifert e a ilustración de Alejandra Manzano

sábado, 22 de septiembre de 2012

sábado, 25 de agosto de 2012

LA MUJER QUE ERA


















El desierto clama invierno tras la mirilla,
tu sombra planea tanto vértigo, que
esta carretera

ya no soporta más peso.

Y el rastro,
deja un vendaval de crujidos de alambre.
Aquella noche ya no fuimos.

Quedó la vacía insignia del atropello. De tanto dolor,

se borraron la huellas.

 

© do poema, Luci Romero 
© da imaxe, Daniela Tieni

 

sábado, 4 de agosto de 2012

A TORRE


A respiración
péchase nun broche

un suspiro sube
pola parede da torre
que nos engule


*
A ilustración é de Camilla Thorup

sábado, 21 de julio de 2012

ESPAZO AÉREO

























No país das correntes cálidas
hai miles de flores brancas
pensamentos recorrentes
metas incorruptibles

Hai un tempo elástico
que nos une
nas fronteiras de luz

Nas semanas de sorrisos
hai máquinas de velenos
salas de fame e sede
anúncianse no espazo aéreo


A ilustración é de Marion Fayolle

domingo, 15 de julio de 2012

SONÁMBULA








Combino
números máxicos
camiño
sobre un vento
de cadeas
que medran no ceo




A ilustración é de Pat Perry

sábado, 7 de julio de 2012

LITTLE BIRD





















If I try a túa mirada non entende onde agocho o coitelo das mañás
nas tardes... If I cry un pequeno paxaro rubio escoita o meu canto
e non cruza nin se enleva nin salta     só me saúda
para desenterrar unha caixa de lágrimas este inverno


A imaxe é de Klimt

jueves, 21 de junio de 2012

INANNA












Quizais a palabra
sexa unha forma
de pensamento
a imposibilidade
dun lamento raro
e luminoso
A escuridade
unha invención
como outras tantas
berrada na praza
Quizais no camiño
medre o submundo
da salvación













Ilustracións de Pierre Mornet