miércoles, 28 de septiembre de 2011

OROZA


E Poe estaba americando e Poe levaba un bicho que saíra pola súa boca
E era Poe Poe Poe
Poe facendo ruídos coa auga
Poe bicando pola alma da praia

*
derradeiros versos de América dentro do Cabalum de Oroza

jueves, 22 de septiembre de 2011

REGALO













Falo do fondo da noite
falo do fondo da escuridade
e do fondo da noite falo

Se ves a casa meu amor tráeme unha lámpada
e un fachal
dende onde poida mirar a leda travesía

Blutch, debuxo


domingo, 18 de septiembre de 2011

MOSCAS

morta entre
as súas moscas mortas
unha liña de aire
arrola á araña


os versos de Beckett e a ilustración de Blutch do que podedes ver as obras que expón neste intre na Galerie Martel

miércoles, 14 de septiembre de 2011

sábado, 10 de septiembre de 2011

VOLCANO


TRAS A PUBLICACIÓN DE "BAIXO O VOLCÁN"

O éxito é como un terrible desastre.
Peor que a túa casa ardendo, os ruídos do derribamento
Cando as vigas caen cada vez máis de présa
Mentras ti sigues alí, testemuña desesperada da túa condenación.

A fama coma un bébedo ensume a casa da alma
Revelando que traballaches só para iso
Ah, sen non sufrise o seu beixo traidor
E permanecese na escuridade para sempre, afundido e fracasado.


Volcano: an inquiry into the life and death of Malcolm Lowry é un excelente documental sobre o autor dirixido por Donald Brittain & Jon Kramer no ano 1976.

martes, 6 de septiembre de 2011

ESTRATEXIAS


Evitar as imaxes-dor.
Afastalas.
non abrir o abaixo. Alí,

o berro cada vez máis feble
Unha condensación do hálito.
Certa condescendencia
no irremediable. Non obstante,

coidar o aceno baixo o xeo.
Salvar o hálito e prolongalo.
A lucidez é fraxil.

a ilustración é de Élodie Durand e o poema de Chantal Maillard