sábado, 23 de mayo de 2015

PARA AQUELES QUE FORON/SON ÁNXEL CASAL















A lúa de agosto é un ourizo marítimo
asaltado polas tesoiras
que atravesan o vidrio indeleble
da alma.

Sobre a estrada quedan balas
coma furacáns cilíndricos
                                      abandonados
e un ramallo de sangue
delata a mordedura litoral
do odio.

A lúa de agosto cubriuse de aguillóns,
de raíces boreais usurpadoras,
da follaxe textil que confunde
a noite das campás e dos oubeos.
Na sombra xace arrombado un corpo
como un glaciar vestido de silencio:
agocha as escumas incendiadas
que renacen sempre tralos tempos calcinados.


O poema é de Xavier Lama (Cabalos do Alén na Cidade das Fábulas, 2009)
e a imaxe é de Keith Haring.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada