miércoles, 14 de septiembre de 2011

sábado, 10 de septiembre de 2011

VOLCANO


TRAS A PUBLICACIÓN DE "BAIXO O VOLCÁN"

O éxito é como un terrible desastre.
Peor que a túa casa ardendo, os ruídos do derribamento
Cando as vigas caen cada vez máis de présa
Mentras ti sigues alí, testemuña desesperada da túa condenación.

A fama coma un bébedo ensume a casa da alma
Revelando que traballaches só para iso
Ah, sen non sufrise o seu beixo traidor
E permanecese na escuridade para sempre, afundido e fracasado.


Volcano: an inquiry into the life and death of Malcolm Lowry é un excelente documental sobre o autor dirixido por Donald Brittain & Jon Kramer no ano 1976.

martes, 6 de septiembre de 2011

ESTRATEXIAS


Evitar as imaxes-dor.
Afastalas.
non abrir o abaixo. Alí,

o berro cada vez máis feble
Unha condensación do hálito.
Certa condescendencia
no irremediable. Non obstante,

coidar o aceno baixo o xeo.
Salvar o hálito e prolongalo.
A lucidez é fraxil.

a ilustración é de Élodie Durand e o poema de Chantal Maillard

lunes, 29 de agosto de 2011

jueves, 25 de agosto de 2011

A IDADE DE OURO


Son o curso da area que esvara
entre o bolo e a duna
chuvia de verán chove sobre a miña vida
sobre a miña vida que fuxe de min e perségueme
e non rematará ata o seu nacemento


versos de Samuel Beckett e unha imaxe do coreógrafo e bailaor Israel Galván do que podedes ver un extracto da súa peza A idade de ouro

domingo, 21 de agosto de 2011

miércoles, 17 de agosto de 2011

CURIOSIDADE


Curioso é o amor.
Curioso o que doe,
o que arranca,
o que pranta no seu lugar.
Curioso o que dura.


os versos son de José María Parreño dentro de Viajes de un antipático
a ilustración é de Carmen Segovia