LINDE é un espazo simbólico no que a palabra
procura unha última fronteira.
Sobre os poemas de CRISTAL
ESCURO, libro de poemas editado por Libros da Frouma, creouse esta
instalación que materializa a poesía fóra do papel.
Na peza colaboraron Mónica de Nut no espazo sonoro, Jesús
Andrés Tejada cos visuais e Patricia Blanco e Mónica Maneiro na montaxe.
CRISTAL ESCURO é unha viaxe por territorios imaxinarios; tamén unha meditación sobre o
tempo, e sobre eses espazos interiores que percorremos ata achar unha fronteira
que nos sostén e sobre a que edificamos a viaxe.
Quería presentar o libro cunha peza que abrise eses
territorios e permitise albiscar a fronteira. Quería trasladar ese “tempo
elástico” fóra do libro, e así, arredor desa idea, creouse LINDE.
Un libro ou unha peza sempre son un traballo conxunto.
Toda creación é un proceso colectivo.
Agardo que descubrades algunhas das sorpresas
inesperadas que atopei nesa viaxe luminosa que é CRISTAL ESCURO.
Última fronteira
A luz que
nos une
e separa
CRISTAL ESCURO e LINDE presentáronse o 18/10/2012 na Galería SCQ en Santiago de Compostela. As fotos son de Mónica de Nut.
No hay comentarios:
Publicar un comentario