sábado, 12 de mayo de 2012
DA NECESIDADE DAS CHAMAS
Como se arde na pira, así hai que arder: como aquel que sabe que o están a queimar "por algunha razón", e non pode, nin sequera quere facer nada para evitalo. Non é suficiente chegar a coñecer a verdade, non basta con redactala e anunciala con valentía: tamén hai que arder por ela, botar ao lume a materia da vida e o tecido do corpo, que se han de abrasar por dentro e por fóra ao mesmo tempo. Esta fogueira, á que toda persoa que queira a verdade finalmente se ha de enfrontar, fana entre dous: o verdugo e mais a vítima. Toda práctica é experiencia inútil. Nada serve de axuda: ao final hai que arder se queres que quede algo do que lle deu senso a túa vida.
Extracto do Herbario de Sándor Márai (Rinoceronte, 2006)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario